Os contos de Dona Malva Rosa
Sin categoría Todas
Os contos de Dona Malva Rosa é unha iniciativa xurdida ao abeiro das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e participación das mulleres convocadas pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para a prevención da violencia de xénero.
Os contos de Dona Malva Rosa é unha obra pensada para axudar a recoñecer as distintas formas de violencia que pode sufrir unha muller, somos conscientes de que os comportamentos do pasado non se pode cambiar, pero sí podemos actuar e influir nos do presente e nos do futuro educando na igualdade e no respecto.
Porque contar estas historias significa romper o silencio e escoitalas é o primeiro paso para que non se repitan.


síguenos en