mini-banner-10
mini-banner-07
mini-banner-06-2
mini-banner-06-1
mini-banner-03
mini-banner-05
mini-banner-02
mini-banner-01
edeidadeslugo-cinta2
edeidadeslugo-cinta

A asociación

Descobre en detalle a nosa asociación, os que somos e a que nos dedicamos.

Misión e Visión

A misión principal de EDEIDADES e a formación e sensibilización da sociedade para erradicar a Violencia de Xénero e a loita pola IGUALDADE en tódolos ámbitos: educación, laboral, empresarial, familiar e social.

Os fins da asociación son os seguintes:

  • Fortalecer as iniciativas de participación social e política das mulleres.
  • Intervir a favor da prevención e erradicación da violencia de xénero.
  • Mellorar a posición das mulleres no mercado laboral tanto no plano empresarial, como no traballo por conta allea, en tódolos ámbitos, incluído o rural.
  • Contribuír á integración da igualdade de oportunidades no funcionamento do mercado laboral e no desenvolvemento das relación laborais.
  • Fomentar unha educación e formación desde a igualdade e exenta de estereotipos sexistas.
  • Apoiar a protección e a defensa dos dereitos humáns das mulleres en todolos ámbitos, supervisando o seu respecto e impulsando a denuncia e reparación de ditos abusos contra os mesmos que se cometan.
  • Fomentar o coñecemento social e o análise da realidade das mulleres, dos programas específicos dirixidos a elas en calquera dos ámbitos socias e das entidades e institucións que contribúen á igualdade de oportunidades.
  • Contribuír á integración dos obxectivos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas políticas e ó desenvolvemento da perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos sociais, económicos e políticos.
  • Colaborar coas diferentes administracións públicas para promover a igualdade de oportunidades.
  • Levar a cabo iniciativas e a acción necesarias para o recoñócemento dos dereitos da Muller en canto inciden na súa actividade empresarial e social e eliminar toda diferenza discriminatoria.
  • Fomentar a formación, asistencia social, profesional, a conciliación laboral e familiar, e a promoción da muller autónoma, da muller emprendedora  e da muller empresaria en tódolos ámbitos, incluído o rural.
  • A realización de actuacións para a difusión e formación relacionadas co desenrolo e implantación da sociedade da información.
  • Potenciar o espírito cooperativo, estimulando a colaboración e axuda entre as asociadas.
  • Organizar conferencias, programas de formación e tutorización, cursillos, seminarios, congresos e demáis actos que fomenten o estudio de temas económicos, sociais e da producción de interés para as asociadas.
  • A impartición de todo tipo de cursos e programas de integración social e laboral, en especial os orientados á promoción laboral e social da muller tales como impartición de cursos a reclusas, inmigrantes, mulleres víctimas de violencia de xénero e mulleres en risco de exclusión social.
  • En xeral, calquera outro fin relacinado coa integración laboral e social da muller.

Os Nosos Valores >